lunes, 22 de abril de 2013

Obradoiro de poesía


Un curso máis, o profesor e poeta Xavier Seoane colaborou co Club de lectura. Nesta ocasión impartiu un obradoiro de creación literaria aos grupos de 3º e 4º. Despois de ler varios sonetos e explicar a súa técnica compositiva, por un momento todos se converteron en poetas e, tomando como referencia o Courel e o amor, deron composto colectivamente un soneto moi orixinal.
Moitas grazas, Xavier.

jueves, 18 de abril de 2013

Lectores de 2º ESO


Aprenderemos con Momo o importante que é o saber valorar o tempo " porque o tempo é vida. É a vida reside no corazón". Os seres humanos somos víctimas dunha sociedade demasiado ocupada no traballo e non encontramos tempo para apreciar algo tan sinxelo como saber escoitar.
Michael Ende, un dos escritores máis importantes  de literatura xuvenil do século XX, publicou esta obra no ano 1973 e gañou o Premio de Literatura Xuvenil en Alemaña. En 1982 publicou A historia interminable, unha obra tamén xuvenil que superou todas as expectativas editoriais e foi traducida a máis de corenta idiomas.

Tes máis información neste enlace.http://es.wikipedia.org/wiki/Michael_Ende

 En 1986 estreouse unha versión cinematográfica do libro e no ano 2001 unha versión animada da que podes ver este trailer:

 E agora dedica tres minutiños do teu tempo a escoitar esta recomendación do libro:


miércoles, 10 de abril de 2013

Enderezo descoñecido


Escrito en 1938, publicouse por primeira vez na revista Story e provocou de inmediato un enorme interese. O relato está baseado nas cartas que se intercambian un xudeu estadounidense que vive en S. Francisco e o seu antigo socio, un alemán que volveu ao seu país. As cartas denuncian o principio da chegada de Hitler ao poder, a verdadeira índole do nazismo. A propia autora fálanos da situación do seu país nestes tempos.

"En 1938 a postura aislacionista en Estados Unidos era moi forte. Os políticos sostiñan que os problemas de Europa non eran asunto noso e que en Alemaña as cousas  ían moi ben . Pero algúns estudantes que volvían de Alemaña contaban a verdade sobre as atrocidades dos nazis"

En 1939 Enderezo descoñecido pubicouse en forma de libro e acadou un enorme éxito en Estados Unidos e Inglaterra, pero enseguida apareceu na lista de libros prohibidos polo Terceiro Reich e non se coñeceu en Europa ata sesenta anos despois.

O escritor Fran Alonso fálanos do libro e da súa autora neste vídeo- recomendación:



No club de 3º lemos teatro


É a última obra dramática de Federico García Lorca e foi estreada no ano 1945 pola compañía de Margarita Xirgu, unha actriz española de fama mundial, no teatro Avenida de Bos Aires. O título completo é La casa de Bernarda Alba. "Drama de  mujeres en los pueblos de España". Só  mulleres interveñen na obra, dando así -como en Yerma e en Doña Rosita- á feminidade o eixe da traxedia.

Nunha entrevista feita a Lorca e publicada polo diario El Sol, este exponnos cal é a súa concepción do teatro:
  "El teatro es la poesía que se hace humana. El teatro fue siempre mi vocación. He dado al teatro muchas horas de mi vida. Tengo un concepto del teatro en cierta forma personal y resistente. El teatro es la poesía que se levanta del libro y se hace humana. Y al hacerse, habla y grita, llora y se desespera (...)

Para informarvos máis,  aquí tedes distintos vídeos que atopamos en youtube.

Homenaxe a Margarita Xirgu con motivo do 75 aniversario do Festival de teatro de Mérida
 
Unha das varias representacións que se fixeron de La casa de Bernarda Alba:


No ano 1987 estreouse a adaptación cinematográfica da obra, dirixida por Mario Camus. Este é o fragmento inicial da película:



jueves, 4 de abril de 2013

A neta do señor Linh


Tras o éxito de Almas grises, co que recibiu o prestixioso premio Renaudot, Philippe Claudel volveu a causar un gran impacto con esta emotiva fábula sobre o exilio e a soidade, sobre como preservar a identidade. Esta novela foi recibida con entusiasmo en Francia e permaneceu na lista de libros máis vendidos desde a súa aparición.Foi eloxiada unanimemente polo público e a crítica, da que recollemos estes comentarios:

"Unha fábula chea de tristura e silencio  para ler mil veces" (Le Figaro)
"Claudel asombra cun relato breve e ardente, con ascuas que non se apagan cando se pecha o libro" (Le Monde)
"El redescubrimiento del mundo contado con sencillez y emoción (...) una bella fábula que agradará a un amplio público" (José María Guelbenzu, Babelia)
 
Escribiu posteriormente O informe de Brodeck co que acadou o premio Goncourt des Lyceens 2007 e acaba de saír a luz a súa última novela, Aromas (Parfums),  unha coleción de textos breves,  momentos rescatados da súa memoria polo poder evocativo dos aromas que os acompañaron.
Philippe Claudel (Nancy, 1962) foi profesor en varios liceos e na Universidade de Nancy pero dedicou o seu tempo libre a ensinar a nenos descapacitados e a presos. Traballa, ademais, como guionista e director de cine.