domingo, 9 de junio de 2013

Encontro de poetas

Os alumnos de 4º e 1º de Bacharelato tiveron a sorte de escoitar un recital poético ofrecido por Lino Braxe, ao que acompañou a actriz Manuela Varela.
Xavier Seoane fixo unha amena semblanza do escritor, co que colaborou na obra colectiva De amor e desamor, libro do que Lino Braxe recitou, entre outros, varios poemas e explicou como xurdiran, inspirados algúns nas súas viaxes polo mundo.
Por último, recitou un poema entrañable, "Os habitantes da casa azul", unha especie de biografía que xorde a raíz das intensas vivencias persoais polas que tivo que pasar Lino Braxe nestes últimos meses.
Regalounos tempo para responder ás múltiples preguntas que lle fixeron os alumnos sobre a poesía e o proceso creativo.
Moitas grazas, Lino, pola túa xenerosidade.