lunes, 20 de enero de 2014

Un mundo feliz


 No club de lectura de 3º de ESO imos ler a novela máis famosa de Aldous Huxley. Foi publicada en 1932 e converteuse nun clásico da literatura. Interpretada en ocasións como unha precoz advertencia dos totalitarismos que asolarían Europa, aparecen tamén nela acertadas consideracións sobre a biotecnoloxía, a enxeñería xenética ou a manipulación propagandística.

Podedes ver  a Aldous Huxley nesta entrevista que lle fan no ano 1958:

Nesta páxina encóntrase unha  información moi completa sobre o libro:
http://mural.uv.es/racua/

Un mundo feliz ten certos paralelismos con 1984 de Orwell. Porén,  hai algunhas diferenzas no tocante as súas profecías. Así o analiza no libro Divirtiéndonos hasta morir Neil Postman, sociólogo e crítico cultural estadounidense, que criticou a influencia que exercen os medios de comunicación na sociedade contemporánea. Este video baséase na obra de Postman:



viernes, 17 de enero de 2014

Lectores de 1º de ESO


Con esta novela , publicada no ano 2006,  John Boyne, o seu autor, acadou fama internacional. Podes velo nesta entrevista na que fala sobre o libro:


 

Esta novela foi adaptada ao cine e estreouse no ano 2008, durante a 56ª edición do Festival de 
cine de S.Sebastián. Vemos, de novo, a John Boyne, agora dando a súa opinión sobre sobre a película:

 
No seguinte enlace atoparás unha guía de lectura do libro, que foi elaborada no IES de Pastoriza:

 http://linguaeliteraturagalega.webnode.es/biblioteca/club-de-lectura/




La noche más oscura

Este é o novo libro que imos ler no club de lectura de 2º de ESO

O curso pasado tivemos a sorte de recibir no noso centro a visita da súa autora, Ana Alcolea (vid. blog da biblioteca).

Podedes vela nesta entrevista que lle fan na televisión de Aragón ao concederlle o VIII Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil:
 
Tedes máis información sobre a escritora neste enlace:

E, se queredes acompañar na súa viaxe a Valeria, a protagonista da novela, podedes ver este video:

jueves, 9 de enero de 2014

El cartero de Neruda


O título orixinal desta novela de Antonio Skármeta é Ardiente paciencia (1985) e foi o propio autor quen a levara ao cine baixo o mesmo título no ano 1983. A novela sitúanos no Chile dos anos 70, cando Salvador Allende gana as eleccións. Esta época queda ben reflectida nas conversas que manteñen o carteiro e o poeta. Posteriormente, por razóns comerciais, pasou a chamarse El cartero de Neruda, debido ao éxito que acadou a película Il postino, dirixida por Michael Radford en 1994. Na película a acción traládase á illa Salina en Italia.

Velaquí unha fermosa escena da pelicula na que Mario Ruoppolo(o carteiro) descobre o que é unha metáfora.
 Esta obra  tivo un éxito enorme, foi traducida a unha trintena de linguas, adaptada tamén ao teatro e á radio: "Existen más de cien versiones en el mundo", asegura Skármeta. O compositor mexicano  Daniel Catán compuxo unha ópera baseada nela,  que foi estreada na  Ópera de Los Ángeles co  título de Il Postino con Plácido Domingo como Pablo Neruda e Cristina Gallardo- Domas como Matide.
 Tedes unha completa información sobre Skármeta nestes enlaces:
http://www.clubcultura.com/clubliteratura/clubescritores/skarmeta/
http://www.rebelion.org/noticia.php?id=2268

A praia dos afogados


Esta é a novela que estamos lendo no club de 4º de ESO.

 Despois do éxito acadado con Ollos de auga, novela coa que inicia a súa andaina na narrativa policial en galego, Domingo Villar mergúllanos con este libro no mundo da Galicia mariñeira , desde os areais das rías Baixas á paisaxe urbana e ás tabernas da cidade de Vigo.

Para ter máis información sobre A praia dos afogados, podes ver esta entrevista que lle fan ao escritor na TV2

Preme aquí:

Tamén podes ver a ruta polos lugares onde trancorre A praia dos afogados, na que aparece información sobre a adaptación cinematográfica desta novela, que será dirixida por Gerardo Herrero: