lunes, 31 de marzo de 2014

Las aventuras de Ulises

No club de lectura de 4º acompañaremos a Ulises na súa longa travesía polo Mediterráneo. Imos ler esta adaptación da Odisea feita pola escritora británica Rosemary Sutcliff.

A Odisea é  o poema de Odiseo (Ulises é o nome que lle deron ao personaxe os latinos). É un poema dun "regreso" azaroso e extremadamente longo pero cun final máis feliz que o doutros heroes. O seu protagonista é un aventureiro que cruza un mítico mar Mediterráneo poboado de criaturas estrañas, que garda no seu corazón a súa nostalxia por Ítaca, por Penélope, polo seu regreso a casa. Ulises sabe facer o seu camiño con paciencia, con sagaz curiosidade e gran carraxe .Se o mar proceloso e os deuses lle complican a viaxe, Ulises sabe sacar proveito dos seus arriscados encontros. Como se di nun famoso verso do poeta grego Cavafis, "cuando vuelvas a Ítaca, ruega que sea largo el viaje".


Ulises burlando a Polifemo, Turner (1775-1851)

Nesta dirección tedes un enlace a un mapa interactivo da viaxe de Ulises.

Son moitas as cancións inpiradas na Odisea. Unha delas é a do cantautor Javier Krahe, "Como Ulises", cuxo final, como apreciaredes, difire da versión que nos dá Homero.